O século do milagre
Costoya Santos, Rodrigo
Gallec

Sinopsi O século do milagre

De milagres fantasiosos Disque Compostela naceu cando Paio, o eremita, foi guiado por unhas luminarias misteriosas ata a tumba do apóstolo Santiago. De aí o nome de Campus Stellae. E tamén disque o rei Afonso II foi o primeiro peregrino da historia. E que comezou así unha afluencia masiva de camiñantes que non cesou ata os nosos días. Unha incrible sucesión de milagres, non é Pois lamento dicir que todo isto é mentira. Unha lenda, máis nada. Unha fantasía. A Compostela primixenia Nos primeiros tempos, ao redor dun sepulcro sen identificar non había máis nada que un burgo modesto e unha pequena igrexa. O propio Vaticano desmentiu que esa puidese ser a tumba de Iacobus, e mesmo algún bispo chegou a ser excomungado por defender esa tese. Un milagre tanxible É no ano 1068 cando nace Diego. El fixo de Compostela un arcebispado, e creou a catedral máis fastosa do mundo. El coroou reis e entronizou papas, ordenou escribir os códices máis marabillosos e puxo a insignificante Compostela á altura de Roma e de Xerusalén. El creou o Camiño de Santiago, e en base a el forxou Europa. Esta é a súa historia, e é real. Isto é o que el construíu no século do milagre. Ata agora coñecías a lenda. Agora has descubrir a verdade.
EAN
9788410070998
Any d'edició
2025
Pàgines
490
Enquadernació
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Gallec
Col·lecció
Histórica
Alt
230
Ample
150
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres