O señor Lugrís e a negra sombra
Rei Núñez, Luís
Gallec
Gallec

Sinopsi O señor Lugrís e a negra sombra

Novela ou realidade? A pregunta que moitos lectores deste libro se formularán é a mesma que sen dúbida se lle presentou milleiros de veces ó gran pintor e escritor Urbano Lugrís (A Coruña, 1908 - Vigo, l973) mentres era arrastrado polo río dunha existencia sometida a toda clase de vaivéns.
Outro caudal, de tinta e testemuños, é o que lle serviu de base a Luís Rei Núñez nesta viaxe arredor dunha figura desmesurada coa que, ademais, consegue trazar o fresco de toda unha época de penitencia e un moi veraz retrato de grupo; con mestres en gramática parda, señoritos tarambainas, artistas dipsómanos, mulleres que fuman, bares de alterne, un ruso "branco" ou os cando-rosos aprendices de literato... en definitiva, a fauna que opta polo exilio da bohemia cando o única vía de escape, na inacabable invernía dun réxime inxusto, consiste en contar co talento innato de Pucho Boedo, fenómeno da canción, ou de Luís Suárez, grande astro do balompé mundial. En tempos de descrédito para as apostas de calado, Rei Núñez sorpréndenos construíndo unha obra que, sen deixar de ser rigorosamente contemporánea, é de clara estirpe cervantina. Novela, si; mais tamén realidade. Como a vida.
EAN
9788497826419
Editorial
Any d'edició
2007
Pàgines
384
Enquadernació
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Gallec
Col·lecció
NARRATIVA
Alt
220
Ample
145
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres