Obra literaria completa iii - anxel fole
Fole, Anxel
Gallec

Sinopsi Obra literaria completa iii - anxel fole

Os dous primeiros volumes reúnen a obra en galego do autor de Lugo, volumes que xa se publicaran por primeira vez no ano 1997; por iso era agora necesario reunir a súa dispersa obra poética e narrativa en castelán e unha mostra significativa da súa extensísima producción xornalística, pois non parece posible coñecer ou comprender a traxectoria creativa e profesional foleana sen contar con estoutra dimensión lingüística. A fins dos anos vinte, Fole comezou a escribir os seus primeiros poemas en castelán. Non obstante, non compilará nunca esta producción nun volume e mesmo non a dará a coñecer na prensa literaria e diaria ata moi avanzada a posguerra. Desde os anos cincuenta escribiu xa moi pouca poesía, aínda que foi precisamente nos últimos anos cando deu a coñecer e reeditou boa parte da elaborada antes, así como cando compuxo os seus escasos poemas en galego. Os tres volumes da súa Obra literaria completa, reúnen por primeira vez, xunto ao Fole máis coñecido e fundamental para a narrativa galega, aqueloutra obra en castelán que ata o de agora se atopaba dispersa e que ha axudar a comprender mellor a evolución da obra en galego e algunhas das influencias que a determinaron, amais de ampliar o retrato de Ánxel Fole cunha faceta indispensable da súa vida, a do profesional do xornalismo.
EAN
9788482886473
Editorial
Any d'edició
2003
Pàgines
638
Enquadernació
Tapa dura
Idioma
Gallec
Col·lecció
Obras completas
Alt
300
Ample
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres