Sinopsi Os castelos de Athlin e Dunbayne
A beleza hipnótica das esgrevias paisaxes e dos maxestosos castelos, o arrebatado das paixóns descritas, as¡ como a afouteza e a determinación dos personaxes que poboan estas páxinas, crean un relato trepidante, cheo de aventuras onde en cada relanzo da trama se agocha unha reviravolta inesperada que leva da man a un final tan impactante como imprevisible.