Sinopsi Os irmáns de América
Este libro pretende seguir as pistas deste labor a través das pegadas que deixou na prensa. Nas primeiras décadas do século XX a emigración formaba parte da paisaxe cotiá de Galiza. Porén, agás excepcións, a imaxe que chegou a nós da emigración é basicamente negativa. Neste traballo arredámonos desta percepción, para considerarmos a emigración galega -a través do caso do Valadouro- como un proceso histórico que achegou moitas oportunidades para Galiza, axudando á súa modernización e mesmo á súa construción nacional.