Os reloxos preguiceiros de Néboa
Lama, Xavier
Gallec
Gallec

Sinopsi Os reloxos preguiceiros de Néboa

Na cidade de Néboa vívese unha aparente rebelión de todos os reloxos, que deixan de contar o tempo. A alcaldesa Sabela Depresa e centos dos seus concidadáns teñen pesadelos cos reloxos, con moreas de reloxos que se lles aparecen nas noites invernais, mentres dormen, reivindicando a súa galbana ou a súa rebeldía. O Superreloxeiro Experto no Cómputo do Tempo Todo, don Cuco Campá, é o encargado de todo o sistema que mide o tempo en Néboa e ten un trato especial cos seus reloxos parlantes. A través del comezamos a intuír todo un mundo de misterios e segredos marabillosos. A detective Lupita Grande e o doutor Hipócrates Verruga contribuirán a desvelar que alguén está manipulando os reloxos co fin de impedirlles contar o tempo. Detrás desa situación albíscase un boicot de grandes dimensións sobre o que converxen moitos misterios. A partir de aí van xurdindo personaxes, digamosà especiais, ou mellor sería dicir moi especiais. E o caso do cociñeiro chinés Chung Pataching, ou do propietario do pazo señorial de Néboa, o tricentenario don Baldomero Ninsesabe, que axudarán a desentoldar claves aparentemente incomprensibles.
EAN
9788499142104
Editorial
Any d'edició
2011
Pàgines
104
Enquadernació
Tapa dura
Idioma
Gallec
Col·lecció
BIBLIOTECA DRAMATICA
Alt
226
Ample
150
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres