Outros e novos queixumes
García Soto, Luis
Gallec

Sinopsi Outros e novos queixumes

Velaquí unha indagación filosófica practicada na obra prima de Eduardo Pondal Queixumes dos pinos (A Coruña, 1886), incidindo en temas novos, non tratados, ou en cuestións debatidas, mais tratadas agora cunha perspectiva renovada. Así, non sendo novo reparar no sexo-amor-xénero, neste ensaio son salientados feitos, ángulos e propostas diferentes. Mais, nos outros casos, non é nova apenas a achega proposta, senón mesmo a temática estudada. O divino e o humano, a saudade, e Galiza, o seu nome, son cuestións até agora moi pouco tratadas. E teñen gran relevancia, a comezar na nosa cultura conterránea contemporánea (mais tamén alén dela). Esta indagación filosófica calla nunha análise e interpretación deses temas, a partir do texto pondaliano, no cadro do pensamento filosófico occidental contemporáneo, comprobando, e poñendo, ao tempo, en valor, a riqueza do poemario de Pondal. Queixumes dos pinos, lido máis de cen anos despois de ser escrito e inserido na cultura filosófica occidental contemporánea, resulta unha caixa de sorpresas, mellor dito aínda, unha illa do tesouro.
EAN
9788417595401
Any d'edició
2019
Pàgines
243
Enquadernació
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Gallec
Col·lecció
USC. EDITORA. ENSAIO
Alt
210
Ample
150
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres