PALABRAS PARA O NOSO TEMPO
Alonso Montero, Xesús
Gallec

Sinopsi PALABRAS PARA O NOSO TEMPO

Este volume é quizais unha das obras máis singulares da vizosa produción literaria de Xesús Alonso Montero. Palabras para o noso tempo reúne unha mínima pero brillante selección dos seus discursos, mantendo na transcrición do texto o espírito fiel da súa oratoria orixinal. Un traballo que partiu de moitas horas de gravación e transcrición a cargo de Carmen Blanco Ramos, e do coidado da edición de Olivia Rodríguez González. O autor afirma ter pronunciado, ao longo da súa dilatada vida, máis de 5.000 discursos ante públicos ben diferentes. Aquí presentamos quince destacadas intervencións públicas. Por elas van pasando nomes inesquecibles da nosa historia e das nosas Letras como Rosalía de Castro, Isaac Díaz Pardo, Emilia Pardo Bazán, Francisco Fernández del Riego, Borobó, Ramón Piñeiro ou Xosé Neira Vilas. E tamén, como non, o exilio, o antifranquismo, a defensa das clases populares e a historia do comunismo europeo. Como afirma a profesora Olivia Rodríguez no seu limiar, «esta obra é unha revalorización do pensamento creativo da palabra e da súa conexión co pensar, sentir e imaxinar (...). O principal obxectivo da súa oratoria é a transmisión de coñecemento para combater o silencio e o esquecemento, impostos no pasado e banalizados no presente».
EAN
9788418567599
Any d'edició
2024
Pàgines
356
Enquadernació
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Gallec
nº colección
amp;ensa
Col·lecció
Oeste [divulgación
Alt
230
Ample
130
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres