Polina, a pulguiña
Rodríguez Gancedo, Leticia
Gallec

Sinopsi Polina, a pulguiña

Un día caloroso, cando estaba a se dar un baño nun charco, un refacho de vento repentino levouna voando. Polina séntese perdida e confusa, pero o seu ánimo e as súas cantigas danlle folgos para seguir adiante. Os amigos, preocupados, van buscala e, grazas á cooperación dos animais que a viron pasar e ao rastro que vai deixando polo camiño coa súa música e os seus cantos, a pulguiña sae vitoriosa da súa aventura. Lonxe de preocuparse pola perda da súa vestimenta, Polina chega a tempo ao seu concerto de medianoite e improvisa unha canción exaltando o valor da amizade e a autoestima. Esta experiencia, ademais, axudoulle a tecer unha identidade forte. Posto que a música é o fío condutor desta historia, o álbum ofrécenos ademais a posibilidade de escoitar a melodía gravada por diferentes instrumentos (frauta, piano, saxofón...) a través dun código QR que nos axuda a interpretar a partitura. ôPolina, a pulguiñaö é o resultado do proxecto gañador do segundo certame do Premio Internacional de Álbum Ilustrado Ciudad de Fuengirola, presentado pola autora Leticia R. Gancedo, xunto coa ilustradora Mar Ferrero
EAN
9788498717235
Editorial
Any d'edició
2023
Pàgines
40
Enquadernació
Tapa dura
Idioma
Gallec
Col·lecció
colección O
Alt
230
Ample
250
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres