Por tobos e tobeiras

Por tobos e tobeiras

?pa?ková, Markéta
Gallec

Sinopsi Por tobos e tobeiras

Sabías que o raposo é un desastre, mentres que o teixugo é moi limpo e ata ten o seu propio baño? E que estes son os dous veciños que a miúdo comparten un tobo? Paréceche difícil de crer? Ven con nós botar unha ollada ao interior das cámaras misteriosas que se atopan ao pé de tocos e árbores caídas. Abriremos camiños subterráneos para visitar felices familias de coellos, veremos se cadra osos a durmir nas súas camas ou algúns armiños falcatrueiros.

Esta enciclopedia de fermosas ilustracións que forma parte do libro ensinarache moitas cousas interesantes sobre o mundo animal; entre outras, o feito de que o oso pardo, aparentemente impoñente e temido, prefire manterse a unha distancia prudencial dun certo animalciño miúdo?

A obra presentásenos con dúas ofertas distintas, mais complementarias, de achegamento de información: a) a tradicional, co formato dunha enciclopedia, que dá a coñecer algúns dos animais máis habituais nestes biótopos; b) un modelo de tobo, con páxinas troqueladas, no que os seus habitantes non informan de forma simpática e divertida o seu particular modo de vida.
EAN
9788499953489
Editorial
Any d'edició
2021
Pàgines
24
Enquadernació
Tapa dura
Idioma
Gallec
nº colección
6
Col·lecció
6
Alt
250
Ample
250
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres