Sinopsi Romaría de historias
Nesta novela, feita de lóstregos múltiples, hai recendos, paisaxes, chiar de paxaros, ademais de historias, unhas alegres e outras non tanto, e hai toda unha atmosfera que a natureza puxo á nosa disposición. E tamén atoparemos situacións cheas de vida e, ás veces, de morte; aconteceres de onte e de hoxe que nos trasladan a un mundo próximo e afastado, ó mesmo tempo real e máxico.