Sansón Troleyro
Vázquez Pita, Enrique
Gallec

Sinopsi Sansón Troleyro

Sansón Troleyro, estudante de Medicina, posiblemente sexa o veciño máis intelixente e espelido de Santiago en 1672. Pero ninguén recoñece a súa agudeza. O seu señor, o colexial don Baltasar, obrígao a compoñer poemas, móeo a couces e trátao coma un can. O bacharel Sansón tamén ten enredos coa Inquisición, que o persegue porque disque é bisneto dunha meiga de Cangas e porque lles anda a vender herbas da risa aos peregrinos. Os seus profesores e compañeiros téñeno por burricán e búrlanse das súa snovas teorías sobre a circulación do sangue. Ademais, Troleyro vive atormentrado polo sospeitoso pasado da súa familia de menciñeiros e curandeiros, pese a que el interésanlle mñías as ciencias e a razón que ilumina Europa. E un inadaptado, un rebelde fóra de tempo e lugar que ve como a vida pasa e se lle escorre entre as lecturas prohibidas polo Santo Oficio. Pero grazas ao seu enxeño e a novos aparellos como o microscopio gaña fama pola súa agudeza para resolver crimes e salvar a vida de inocentes, que non de doentes. Sansón Troleyro. Estudante de pan e sardiña, primeira novela de Enrique Vázquez Pita no catálogo de Xerais, é a primeira entrega dunha serie protagonizada por este inquedo e rebelde bacharel compostelán do século XVII.
EAN
9788499140117
Editorial
Any d'edició
2009
Pàgines
304
Idioma
Gallec
Col·lecció
FORA DE XOGO
Alt
130
Ample
210
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres