SE FALASES DE MIN
GARCIA TEIJEIRO, ANTONIO
Gallec

Sinopsi SE FALASES DE MIN

Non podemos definir este traballo como un libro. Non. Trátase dun «artefacto», un obxecto ambicioso que reivindica dende o seu inicio un contedor onde poesía, palabra, música e pintura se funden da man dos seus creadores a partir dos poemas e da narrativa de Antonio García Teijeiro. Paco Ibáñez, Alberto Cunha, Xulio García Rivas e o poeta dan vida propia a Se falases de min nun proxecto singular que reúne nunha soa obra tanta sensibilidade. Unha viaxe de autenticidade cos poemarios «Palabras envoltas en cancións» e «Cando caen as follas» que inspiran as pinturas que os acompañan e as inconfundibles voces que interpretan os poemas. Testemuño dos seus creadores que nos mostra a maxia que existe cando se mesturan diferentes xeitos de expresión para se converter en arte.
EAN
9788412518542
Any d'edició
2022
Enquadernació
Tapa dura
Idioma
Gallec
Col·lecció
SIN COLECCION
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres