Semiotica. Textos Selectos (Charles Sanders Peirce)
Sanders Peirce, Charles
Gallec

Sinopsi Semiotica. Textos Selectos (Charles Sanders Peirce)

Semiótica. Textos selectos é unha mostra representativa das reflexións semióticas de Peirce no contexto da súa produción intelectual, o que permite observar como evoluíron ao longo da súa vida as principais ideas que sobre os signos, a semiótica, a lóxica, a filosofía ou o pragmatismo formulou o autor. Estas páxinas salientan por unha banda, a constancia e continuidade dos temas e eixes principais que constitúen a armazón do seu pensamento, manifestado nas múltiples propostas de definición e análise dos elementos fundamentais da súa filosofía (a doutrina das categorías, a importancia do signo, a análise triádica da semiose, o pragmatismo, etc.), e, por outra, os cambios, terminolóxicos e de perspectiva, que algúns deste mesmos temas foron adquirindo co transcorrer do tempo. Na escolma tamén ocupa un lugar moi destacado a correspondencia con Victoria Lady Welby por constituír a presentación máis sintética do pensamento semiótico de Peirce, onde el mesmo revela o que considera as súas principais áchegas semióticas, en particular, e filosóficas, en xeral. O conxunto desta escolma evidencia, finalmente, como a reflexión semiótica e filosófica de Peirce está orientada de xeito primordial a comprendérmonos como seres simbólicos, pois, sen esta reflexión, as outras dimensións que nos caracterizan como humanos ( a ética, a estética, a creativa, a científica, a discursiva...) non poder ser nin sequera entendidas.
EAN
9788416183142
Any d'edició
2015
Pàgines
664
Enquadernació
Tapa dura
Idioma
Gallec
Col·lecció
PENSAMIENTO UNIVERSAL
Alt
300
Ample
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres