Sígueme!:unha historia amor que non ten nada de raro
Campanari, Jose
Gallec

Sinopsi Sígueme!:unha historia amor que non ten nada de raro

Un elefante gris con lunares morados, que vive nunha selva, namora dunha formiga negra con cintura de avespa. O seu amor é correspondido, pero para chegar a estar xuntos teñen moito camiño que percorreren. A formiga convida o elefante a seguila e o elefante non o pensa dúas veces. Nin lento nin preguizoso, o elefante percorre un camiño bordeado de árbores, métese ata o fondo dunha cesta de costura, nada dentro dunha botella de auga... Despois de moito andar, o elefante e a formiga atópanse e gozan do seu amor, un amor con cintura de avespa e lunares morados... que non ten nada de raro!



José Campanari, despois de máis de vinte anos de traxectoria no mundo das artes escénicas e da narración oral preséntanos, no que foi o seu primeiro álbum ilustrado, unha historia divertida, delirante e surrealista. Con gran sentido do humor, Campanari crea un personaxe entrañable, capaz de percorrer calquera camiño, por difícil que pareza, na procura do amor verdadeiro.

Unha lectura máis profunda de Sígueme tamén nos permite enxergar unha historia de amor sen prexuízos e cuns protagonistas dispostos a superaren calquera tipo de diferenza ou barreira (tamaños, cores, culturas, hábitats...).

Roger Olmos aproveita o ton surrealista da historia para idear espazos imposibles, cheos de humor e tenrura, pero que o ilustrador converte en verosímiles. Alén diso, enriquece con todo luxo de detalles e trazo destro, os distintos escenarios. Porén, a empatía do lector non se logra só a través das imaxes, senón que este, en cada nova lectura, será sorprendido con notas de humor que estimularán a súa curiosidade e imaxinación.
EAN
9788498714951
Editorial
Any d'edició
2014
Enquadernació
Tapa dura
Idioma
Gallec
Col·lecció
SIN COLECCION
Alt
230
Ample
250
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres