- Libros
- MITOS, LEYENDAS Y SAGAS
- Soños no limiar
- Libros
- MITOS, LEYENDAS Y SAGAS
- Soños no limiar
Sinopsi Soños no limiar
Son libros traducidos e escritos por mulleres para que con historias de nenas, mozas e adultas, fiemos un tecido máis humano, máis respectuoso. Cada libro leva a achega dun home porque esta colección está feita a latexos igualitarios. De todos sacaremos algo, leremos sobre vidas, ficticias ou reais, e non nos deixarán indiferentes.
Soños do limiar de Fatema Mernissi (1940-2015) foi a súa única novela, onde narra unha falsa autobiografía sobre a súa infancia nun harén en Fez nos anos 40. A ollada tenra dunha nena que ve o mundo que a rodea e non entende, a visión do masculino e o feminino, os soños e esperanzas arrolados polos contos de Scheherezade e as princesas dos Contos das mil e unha noites.
Polo medio de historias cóntanos que é un harén ou onde están os límites da hudud, vainos facendo pensar e sentir desde unha físgoa moi estreita a un mundo moi amplo como é o árabe desa época. Un relato cheo de tenrura, nostalxia, espectáculos, bailes, comidas, sabores, sons, porque as palabras son o verdadeiro camiño á liberdade.