- Libros
- SOCIOLOGIA
- Súbditos ou cidadáns?
- Libros
- SOCIOLOGIA
- Súbditos ou cidadáns?
Primeras páginas
Sinopsi Súbditos ou cidadáns?
Sen dúbida, estamos fronte a novas formas de poder, dentro dunha crise do modelo de civilización, así que o século XXI obríganos a pactos para configurar a vida en común. O autor de "Súbditos ou cidadáns?" vai diseccionando, coa capacidade analítica de quen participou e militou nos movementos sociais e políticos, as cuestións que nos levaron a construír os estados modernos e as razóns, que desde hai xa varias décadas, levan á súa demolición.
A lóxica da posverdade está caracterizada pola indiferenza aos feitos, o desprezo polos conceptos ou o esquecemento da Historia. "Súbditos ou cidadáns?" aborda a crise actual e o saqueo que implica, proporcionando ferramentas para entender o presente e para pensar e elaborar alternativas.
O que nos propón este libro, asegura Carme Adán, é indagar onde está o espazo do común. Anímense ao reto de pensar: súbditos ou cidadáns. A decisión é nosa. Elixan vostedes.