Talego
Ballesteros, Xosé
Gallec

Sinopsi Talego

Talego é unha novela que se desenvolve arredor do mundo das drogas e que pon en cuestión a imparcialidade do sistema xudicial.Cunha trama magníficamente construída, a novela consta de dúas partes. Na primeira desenvólvense os feitos que conducen á segunda, narrados cun estilo áxil e compacto en torno ó mundo da delincuencia. Na segunda parte a palabra poética cobra protagonismo, e a acción desenvólvese no cárcere, que é maxistralmente presentado desde dentro. Polas páxinas de Talego, e narrado nun rico argot carcerario, desfilan delincuentes, camellos, heroinómanos, presos, o mundo da cadea, as comisarías, os xulgados, e uns protagonistas que ven devalar as súas vidas ilusionadas e comprometidas dos anos 70 desde detrás das rellas dos cárceres dos 80.Talego, que afonda nunha visión urbana feroz e fermosamente brutal, descende a mundos sórdidos, grises e truculentos cunha linguaxe precisa, metálica e ferinte que non se esquece da poesía e que engaiola ó lector desde a primeira á última páxina.A novela, que ten o mérito de tirar infatigablemente do lector, tamén acerta no final e convirte a Xosé Ballesteros nun dos narradores novos máis interesantes da actualidade.
EAN
9788475077703
Editorial
Pàgines
130
Idioma
Gallec
Col·lecció
NARRATIVA
Alt
300
Ample
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres