TRIQUIÑÓNS. 18 DÍAS Á SOMBRA
Ruibal, José
Gallec

Sinopsi TRIQUIÑÓNS. 18 DÍAS Á SOMBRA

No centenario do nacemento de José Ruibal, recupérase a obra narrativa que en galego escribe un autor que, desde un teatro en acción simbolista contra o franquismo, sería recoñecido internacionalmente no último terzo do século XX. Rematada en 1956, o orixinal de Triquiñóns sufriu de diversas vicisitudes que frustraron a súa publicación por causa dunha censura que tamén perseguiu a súa dramaturxia. Por medio de varias historias que se cruzan nos peores día do 36, ambiéntase nunha retagarda bélica dunha indefinida parroquia que agacha o seu Xeve natal, onde unha serie de personaxes son tristes protagonistas da utilización dun terror que racha cos equilibrios dunha sociedade que queda inmersa no sufrimento. Nestas narracións percórrense realidades que van desde a negación da lingua galega, a presenza imperativa da relixión, a leva obrigatoria, o traballo forzado ata o abuso e explotación das mulleres. Obra que, de publicarse no seu tempo, convertería a Ruibal nun pioneiro na temática da Guerra Civil na nosa literatura.
EAN
9788411765008
Editorial
Any d'edició
2025
Idioma
Gallec
Col·lecció
LITERARIA
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres