UN PAÍS DE EUCALIPTOS
Carbajo, Primitivo
Gallec

Sinopsi UN PAÍS DE EUCALIPTOS

O eucalipto é moito máis ca unha árbore. È industria, é mercado global, é propaganda, é conflito político e social. È promesa de rendibilidade e tamén síntoma dun modelo forestal que marcou profundamente o territorio galego nas últimas décadas. Neste ensaio narrativo e documentado, o autor percorre montes, arquivos, datos estatísticos e conversas de campo para desmontar mitos e iluminar as estruturas de poder que sosteñen o monocultivo eucaliptal. Desde a orixe histórica das plantacións industriais ata o seu encaixe na economía financeirizada da celulosa; desde a influencia política ata o impacto na biodiversidade, nos lumes, no patrimonio cultural e na xestión comunal. O libro combina análise económica, crítica política, memoria cultural e crónica persoal nunha viaxe polos claros e polas sombras do chamado «ouro verde».
EAN
9788419040688
Any d'edició
2026
Pàgines
252
Idioma
Gallec
Col·lecció
MORGANTE
Altres lectors l'han valorat amb
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
La teva puntuació
Deixa'ns la teva opinió
/ caràcters