Vacas
Flavio Morganti
Gallec

Sinopsi Vacas

E vaca ou é boi? E carne de vaca mellor ca a de boi? Por que o noso subconsciente non reacciona co mesmo entusiasmo se nos ofrecen o un ou o outro? Existen razas en perigo de extinción? Que hai detrás dunha exquisita costeleta? A vaca é sustento da creatividade e do estómago. Así nolo demostra este libro, que nos convida a gozar da vaca con profusión e variedade. Suxírenos 68 formas distintas de facelo. E para os que, despois de ler estas receitas e trasladalas ao padal, non quedasen saciados, hai unha sorpresa final, na que a vaca lle cede protagonismo ao touro e o touro renuncia, submiso, a toda a súa bravura. Un manual para todas aquelas persoas ás que lles gusta coñecer a base, a orixe da súa alimentación e chamar con nome propio e inequívoco a todo o que comen. Porque xa é moita hora de que á vaca se lle recoñeza o dereito a ser consumida co mesmo nome que levou durante toda a súa entregada vida. Vivan as vacas!
EAN
9788440310545
Editorial
Any d'edició
2007
Enquadernació
Libro en otro formato
Idioma
Gallec
Col·lecció
SIN COLECCION
Alt
300
Ample
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres