Sinopsi VII premio diario cultural de teatro radiofónico
Os compañeiros actores e actrices achegaron unha parte primordial para aquelas obras que se basean no texto. A súa mestría permitiu darlle vida aos personaxes que por elas andaban na procura do alento final. Sen Chus, o realizador de son, sería imposible acadar as atmosferas que finalmente conseguimos para as obras.
E sen os oíntes, que foron moi numerosos, non poderiamos ter pechado este ciclo. Eles dan o sentido final ao noso traballo.
Este libro cedé está coeditado por Xerais e a Radio Galega.