A historia de Odoyno

A historia de Odoyno

Rodríguez Baixeras, Antonio
Galician

Synopsis A historia de Odoyno

Odoyno Veremudiz foi un monxe galego do século X. Pouco antes de morrer, no ano 982, redactou un documento, a modo de testamento: o destino que quería dar á súa propiedade máis querida, a igrexa e terrar de Santa Comba de Bande, que herdara de seu pai Veremundo. Mais antes de rematar o documento que doaba Santa Comba ao mosteiro de Celanova, Odoyno quixo explicar con certo detalle o que supuxera para el o mantemento de dita propiedade en vida e, de paso, o seu propio periplo vital.
O relato inclúe o contacto cos mais importantes personaxes da sua época, como o rei de león Ranemiro II, o bispo Rudesindo (San Rosendo), a abadesa fundadora de Guimarães, Mumadomna Didaz, e o "conde santo" de Lourenzá, Osorio Guttierriz. Tamén narra Odoyno a súa aventura amorosa cunha xoven abadesa, Onneca, probable filla de Mumadomna.
Todos estes pormenores dotan a este documento dunha importancia única, que este libro trata de ofrecer aos lectores e lectoras xunto cun amplo comentario sobre as circunstancias políticas, económicas e culturais dunha época esquecida na que a fronteira sur de Galicia limitaba co río Mondego.
EAN
9788494423260
Year of edition
2015
pages
184
Idiom
Galician
nº colección
51
Collection
TRIVIUM
High
200
Width
200
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres