A luz co tempo dentro
Rábade Paredes, Xesús
Galician

Synopsis A luz co tempo dentro

A luz co tempo dentro pode lerse como un constante balanceo entre dúas realidades que interpelan e que nos mobilizan. A pulsión e revelación da existencia, por un lado. Polo outro, a poderosa sede de plasmarse e autorrealizarse nos planos da ficción. Sempre máis próximo da terra que se pisa que da entelequia de ceos arelados, o autor é consciente de que unha elevada porcentaxe da xente apenas pode satisfacer a fame, collida na cadea de patróns invisibles, de estafadores que ninguén controla, de escravistas sen freo e de negreiros que a axeonllan e a atan á ruína. O escritor sintoniza nestas páxinas cun grupo dos mellores intérpretes da terra e non casualmente aduce referencias de temas e de autores, da man dos cales, con reiteración, confesa: O voluntario regreso ao ser da terra, a ese natural ritmo do tempo e das sazóns, significou acaso a etapa máis serena, harmoniosa e fecunda da miña singradura. Como unha recalada cando esa hora de ir recollendo velas se aveciña.
EAN
9788491518389
Editorial
Year of edition
2022
pages
148
Binding
Tapa blanda o Bolsillo
Idiom
Galician
nº colección
48
Collection
Memoria
High
210
Width
135
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres