A memoria de Ferrol
Díaz Martínez, Carlos
Galician

Synopsis A memoria de Ferrol

A memoria de Ferrol recolle máis de douscentas tarxetas postais circuladas que recuperan a memoria da cidade ferrolá nas dúas primeiras décadas do século XX. Unha espléndida colección de postais, preparada e catalogada por Carlos Díaz Martínez, na que se intercalan tres evocadores textos literarios (en galego, castelán e inglés): "Ferrol no primeiro tercio do século XX" de José Antonio Ponte Far, "O Arsenal e os buques da Armada" de Juan A. Rodríguez-Villasante Prieto e "Construíndo acoirazados" de Xavier Alcalá. Un libro de luxo, encadernado en tea con estoxo, que constitúe un paseo pola ría e o mar da Ferrolterra, polas rúas, prazas e paseos da Madalena, polo Arsenal e os seus diques, e polas paisaxes da bisbarra ferrolá.Nesta recompilación de postais da «época clásica» (1900-1920) dispoñemos de poucas imaxes de Ferrol nas grandes series dos impresores e editores foráneos: as fototipias de Madrid (Hauser y Menet, Romo y Füssel e Grafos) ou de Barcelona (Thomas). A mesma escasez perdura nos anos da edición por heliotipia (1920-1936) coas produccións madrileñas (Kallmeyer y Gautier e da Heliotipia Artística Española) e barcelonesas (fotografías de L. Roisin). Mención especial merece a serie dos anos 1903-1905 editada por El Correo Gallego e realizada coa técnica da fototipia coloreada polo afamado impresor de arte Julius Nagelschmidt, afincado en Berlín (Alemaña). As numerosas postais de que dispoñemos non mencionan aos fotógrafos, agás a extensa producción de Couce que edita el mesmo co selo de Nores y Couce. Por xustiza recoñecemos o esforzo editorial de grandes series realizadas pola Papelería de Emilio Moliné, ou Casa Leira e Bacón y Pita. Esta pequena homenaxe garda a praza de honor para a diversa producción impresa primeiro polo Diario Ferrolano e despois por El Correo Gallego, case que un tercio da selección presentada neste álbum. No apartado de curiosidades mencionaremos a colección de carácter publicitario da Sociedad Española de Construcción Naval.
EAN
9788483029152
Editorial
Year of edition
2002
Idiom
Galician
Collection
SIN COLECCION
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres