A mona de Schrödinger
Sobral Amoedo, Xosé
Galician

Synopsis A mona de Schrödinger

Por falta de vacantes na súa propia especie, unha mona bonoba resígnase a que na vindeira reencarnación lle toque acomodarse nun pelello humano, posibilidade que, tendo presente que ambas as especies comparten preto do 99 % dos xenes, coida que non debe estar de todo mal. Mais axiña comprenderá o seu monumental erro de cálculo. Con este punto de partida, nunha fusión entre o diario íntimo e a novela de aprendizaxe, A mona de Schrödinger convídanos a acompañar esta mordaz e irreverente bonoba (que como humana responde ao nome de Suso Mouriño), na súa loita diaria por se manter a flote, algo que non resulta nada sinxelo cando o teu pai bebe canto gaña, o monte veciñal da túa aldea é usado como vertedoiro e ti non encaixas en ningures, nin sequera no corpo que che foi outorgado. Humor e inconformismo en grandes doses nunha obra que constitúe unha alegación contra os prexuízos e a teima de pechar os ollos ante as inxustizas.
EAN
9788499954158
Publisher
Year of edition
2022
pages
216
Binding
Soft cover or pocket
Idiom
Galician
Collection no.
45
Collection
Baía Narrativa
High
210
Width
145
Other readers have rated it
Share your feedback
0 reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters