A música das palabras
Cabana, Darío Xohán
Galician
Galician

Synopsis A música das palabras

«Pra escribir, escóitome a min mesmo e a música das palabras, non as normas dos gramáticos». En «A música das palabras. De lingua e literatura, 1990-2021» Darío Xohán Cabana reflexiona, con rigor e excelencia, sobre literatura e lingua, compartindo o seu coñecemento e prestando especial atención á tradución e á poesía. Son pequenos ensaios, en forma de artigos e conferencias, escritos entre 1990 e 2021, nos que aborda a obra de moitos dos autores máis relevantes da literatura galega, unha boa parte dos cales mantiveron unha estreita relación persoal con Darío: Celso Emilio, Manuel María, Xosé María Álvarez Blázquez, María Mariño, Novoneyra, Cunqueiro, Lois Pereiro, Xosé Miranda, Díaz Castro, Xosé Luís Méndez Ferrín..., ademais de grandes nomes da literatura universal coma Dumas, os trobadores occitanos e, xaora, Dante e Petrarca. Darío Xohán Cabana deixa constancia neste volume dunha vida enteira dedicada a ennobrecer a cultura galega e facer da súa lingua e literatura un herdo imprescindible. Como activista, como poeta, como narrador, como tradutor, o labor de Cabana apunta sempre a resaltar a calidade e inmensidade da lingua levándoa a calquera outro tempo, cultura e literatura coas súas traducións, coa intención urxente de enriquecer o noso idioma máis alá do que inclúen os dicionarios, porque como afirma nestas páxinas, «cada vez que unha palabra morre, ou é asasinada [...], daquela morre unha pequena parte da lingua, e polo tanto morre tamén unha minúscula parte da patria».
EAN
9788411100717
Editorial
Year of edition
2022
pages
456
Binding
Tapa blanda o Bolsillo
Idiom
Galician
Collection
OBRAS DE REFERENCIA - MANUAIS - LINGUA E LITERATURA
High
240
Width
170
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres