ACTA DE VÍTIMAS
Gutierrez Aller, Victorino
Galician

Synopsis ACTA DE VÍTIMAS

Lalín, outono do 1946. O avogado Román Ulloa recibe o encargo de
convencer aos descendentes dunha familia fidalga republicana para
que vendan o seu pazo a un alto mando afín ao réxime, encaprichado
coa propiedade.
Así comeza Acta de vítimas, novela sobre os abusos seudolegais
amparados polo franquismo, e recreación dunha época terrible na
que o medo era rasgo definitorio dunha sociedade sometida. As sutís
presións, as medias verdades susurradas, a tensión ambiental permanente, conforman a contorna na que respiran día a día unha galería
de personaxes que abranguen un amplo mostrario de actitudes: desde
o colaboracionismo activo ata o forzado, pasando pola resignación
cabal e os brotes illados de rebeldía. Pero, como o impulso de vivir
sobreponse a todo, nestas páxinas hai tamén cabida para a tenrura, a
lembranza, o agarimo, o humor... e os arroutos de dignidade mesmo
no contexto máis hostil e opresivo. A multitude de caracteres secundarios
que poboan o relato complementan unha visión daquela Galicia
desapacible e gris, especialmente para as vítimas sen acta que as
recoñecera como tales.
EAN
9788484873389
Year of edition
2016
pages
230
Binding
Libro
Idiom
Galician
Collection
SIN COLECCION
High
210
Width
140
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres