Alexandre Bóveda
Otero, David
Alexandre Bóveda
Alexandre Bóveda Otero, David

Synopsis Alexandre Bóveda

Este libro resume, condensa e amplía a bibliografía existente sobre a personalidade política, intelectual e humana dunha das figuras máis relevantes da historia do nacionalismo galego. Dificilmente, nun período tan curto de vida foi asasinado aos trinta e tres anos se pode desenvolver un traballo tan intenso e fecundo como o realizado por Alexandre Bóveda. Nas páxinas deste libro da autoría de David Otero o lector ou lectora terá ocasión de comprobar o que vimos de sinalar. Como consecuencia da súa decidida entrega na defensa dos intereses e da dignidade da nosa Nación, Alexandre Bóveda sería asasinado o 17 de agosto de 1936 no monte da Caeira en Poio. Minutos antes da súa execución, aínda era quen de ditar a derradeira "leción do mestre": "a miña morte servirá para acadar adeptos á causa galega. Un ben que aínda despois de morto, farei á nosa Terra". Precisamente, o 17 de agosto do ano 2005, o gran poeta Xosé María Álvarez Cáccamo, no cemiterio de San Mauro, pronunciou unhas palabras en lembranza de Bóveda nas que, entre outras cousas, afirmou: "naquela hora da madrugada negra comezou a medrar a familia dos destinatarios da túa derradeira vontade. Hoxe somos multitude ardente a dos que vivimos contigo na paixón luminosade Galiza, na homenaxe da túa intelixencia de serena anatomía, do teu claro rumbo de amor expansivo, do teu inimitábel estilo humano e das túas certezas políticas, que son tamén nosas e ti alimentas e coidas desde a memoria dilatada en herdo milenario
EAN
9788484871484
Year of edition
2009
pages
235
Binding
Soft cover or pocket
Idiom
Galician
Collection
SIN COLECCION
High
210
Width
140
Other readers have rated it
Share your feedback
0 reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters