Algas mariñas de Galicia
González Rodríguez, Concepción;García, Óscar;Míguez, Luis
Galician

Synopsis Algas mariñas de Galicia

Galicia, con máis de 1.600 km de litoral, non pode manterse allea á riqueza que supoñen as algas mariñas, pois as nosas costas colócannos nunha situación de privilexio para a súa explotación.
Algas mariñas de Galicia contén un ambicioso tratamento das macroalgas e as microalgas, desde o punto de vista biolóxico, industrial e gastronómico.
Cunha información abundante, claves para a identificación e o tratamento de temas como as purgas do mar ou o fitoplacton, e con numerosos debuxos, esquemas e fotografías, os autores poñen a disposición dos lectores un campo pouco tratado pero especialmente importante para Galicia.
Os autores, biólogos xa coñecidos dos nosos lectores pola súa Guia ecolóxica do litoral galego, aportan agora este atractivo manual sobre Algas mariñas de Galicia, ideal tamén para os amantes da gastronomía, pois contén numerosas receitas para preparar as algas: as ensaladas de algas, as sopas, caldos e cremas de algas, o pan de algas, a empanada de algas, os revoltos de algas, o pastel de algas, as algas preparadas con peixes ou carnes e mesmo o mousse de iougur con coulis de algas.
EAN
9788483022634
Editorial
Idiom
Galician
Collection
MONTES E FONTES GUIAS NATUREZA
High
300
Width
200
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres