• Libros
  • Cancioneiro galego serodio (1989-2012)
Cancioneiro galego serodio (1989-2012)
Díaz, Xabier
Galician

Synopsis Cancioneiro galego serodio (1989-2012)

Cancioneiro galego serodio (1989 2012) Unha viaxe polo país das mil muiñeiras Despois de catro décadas de ollada e atención ás músicas e líricas dun pobo, este cancioneiro é una pequena pinga no tempo, sen lugar a dúbida. Chamámoslle serodio xa que o seu ámbito temporal pon o foco no último cuarto do pasado século e apenas as primeiras décadas deste que nos toca transitar, mais non por iso ten menos interese ou valor e mesmo trae descubertas e apuntes aos que non se lles tiña prestado atención, por difícil que poida parecer. Como ben sabemos, o corpus do cancioneiro dun país cantor e lírico por excelencia coma o noso, viaxou na memoria de miles de mulleres, xeración tras xeración ao longo do tempo, sen que poidamos atrevernos a datar o momento iniciático de tan fabulosa viaxe. Este é un traballo que abrangue o total do territorio galego, as catro provincias, e mesmo os territorios arraianos. Xorde, por unha parte, da viaxe dun mozo de vinte anos que comenza a facer traballos de campo como ese amador, folclorista, curioso e afeccionado polo noso folclore que aínda segue a ser. Ademais, tamén contribúe a revalorizar a música e baile que dura ata os nosos días. A transcrición dos textos líricos das case cincocentas entrevistas que foron realizadas ao longo de trinta anos de camiño, vén adornada de anécdotas, sorpresas, e fantásticas historias das propias informantes, protagonistas tamén das fotos, e dunha morea de audios orixinais das compilacións, que redimensionan o concepto de cancioneiro, dándolle una dimensión próxima á experiencia que vivín en primeira persoa. Estou feliz de poder compartir con vós esta viaxe pola terra as mil muiñeiras, Xabier
EAN
9788409690848
Year of edition
2025
pages
140
Binding
Tapa blanda o Bolsillo
Idiom
Galician
Collection
SIN COLECCION
High
205
Width
205
25,00 €
-5%
23,75 €
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres