Entre a memoria e o esquecemento
Acevedo López, Guiomar
Galician

Synopsis Entre a memoria e o esquecemento

Subtítulo: Unha visión do pasado español dende
o exilio republicano en México
A autora, especializada en estudos sobre memoria e identidade en contextos de desprazamento forzado e exilio político, achéganos, ademais de reflexións teóricas sobre os seus dous principais obxectos de estudo, unha aproximación ao exilio republicano en México e a súa institucionalización, así como ás condicións nas que se produciu a denominada \"transición española\", ollada dende a distancia dun exilio permanente no país de acollida.
Guiomar Acevedo López, neta de exiliados republicanos, de Xoán López Durá, importante dirixente galeguista, e máis da socialista Caridad Martín Fernández, apórtanos a visión, no só académica, senón tamén humana, da terceira xeración, a dos netos e netas do exilio, e en especial daquel que nunca regresou, ou, en palabras do filósofo Adolfo Sánchez Vázquez, do aterrado, sen raiceiras nin asentamento, esgazado da súa terra, dos seus, aferrollado ao presente, entre un pasado que non se vai e un futuro que non vén, ata virar nun transterrado, o que atopou despois do perdido, isto é, do desterro.
EAN
9788484877042
Year of edition
2024
pages
166
Idiom
Galician
nº colección
485
Collection
Ensaio
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres