Foula e ronsel
Marco Rodríguez, Aurora
Galician

Synopsis Foula e ronsel

No prólogo da reedición de La fuerza pública en la Universidad de
Santiago y otros escritos escolares (1930-1933) (1987), Ricardo Carvalho Calero manifestou que había que proxectar a atención sobre a historiografía da época enfrontando con método obxectivo as fontes documentais e as testemuñas presenciais. Iso fi xo a autora deste volume cando preparou a primeira edición deste libro, que obtivo o Premio Ánxel Fole en 1992. Ao material documental e gráfico proporcionado pola súa compañeira de vida Mª Ignacia Ramos Díez, totalmente inédito na altura,
engadíronse valiosos testemuños de compañeiros e compañeiras que o
coñeceron e trataron. A esas fontes uniuse a investigación da autora e
a consulta exhaustiva de fontes hemerográficas para construír o espazo
biográfico carvalhiano que abranxe de 1910 a 1941, un período crucial
na súa formación e na súa vida, coa ditadura de Primo de Rivera, a
República e a guerra (in)civil como pano de fondo; un período que se
desenvolve en tres capítulos centrados na infancia e adolescencia no
seu Ferrol natal, o primeiro; en Compostela e Ferrol, o segundo; e en
Madrid, Valencia, Andalucía e Ferrol, o terceiro.
As formulacións galeguistas, a escrita, a metodoloxía da obra investigadora, o polifacetismo enciclopédico, a actividade cultural do ferrolán teñen a súa orixe no tempo que antecede ao período bélico, etapa que conformou Foula o ronsel. Os anos que marcaron a biografía de
Ricardo Carvalho Calero (1910-1941).
EAN
9788484874706
Year of edition
2020
pages
206
Binding
Soft cover or pocket
Idiom
Galician
Collection no.
302
Collection
Enasaio
High
210
Width
140
Other readers have rated it
Share your feedback
0 reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters