GRAMATICA HISTORICA GALEGA 1 - FONETICA E MORFOSINTAXE
MANUEL FERREIRO
Galician

Synopsis GRAMATICA HISTORICA GALEGA 1 - FONETICA E MORFOSINTAXE

O lector ten nas súas mans unha obra que cobre un espazo no panorama editorial galego que desde hai xa ben tempo
debía estar ocupado. Pola importancia de que se dota a historia da evolución do noso principal sinal de identidade como galegos, polo rigor con que está elaborada esta viaxe
lingüística a través dos séculos, polo seu carácter case inaugural e mais pola ambiciosa intención globalizadora que rexe
o traballo, este primeiro volume da Gramática Histórica Galega constituirá, a partir de hoxe, unha referencia imprescindíbel
e unha ferramenta necesaria para calquera persoa que se quixer aproximar á fonética e á morfosintaxe da nosa lingua.
Percorrendo este sistemático ensaio filolóxico, o lector poderá achegarse ás palabras da tribo desde as súas orixes
latinas, acompañar os seus aconteceres, devalar con elas nunha mecánica evolutiva apaixonante ou perderse nas varias
direccións que foron conformando o galego e conformándonos a nós mesmos. Eis o grande engado: a viaxe a que Laiovento quere convidar os lectores.
EAN
9788484872597
Year of edition
2015
pages
452
Idiom
Galician
Collection
ENSAIO
30,00 €
-5%
28,50 €
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres