LEVIATAN
Hobbes, Thomas

Synopsis LEVIATAN

Desde a unánime consideración de que Thomas Hobbes é o fundador da filosofía política moderna, Leviatán (1651) resulta unha obra clásica do pensamento, unha obra complexa que aínda sorprende e non deixa indiferente a ninguén. Leviatán posúe unha particular envergadura que segue interpelando e retando, que segue impresionando e, tras máis de tres séculos e medio desde a súa publicación, estimulando unha profunda reflexión sobre a política: sobre o individuo e o Estado, a natureza ou a condición humana, a violencia, a morte violenta e a guerra; o vivirmos xuntos, a condición de cidadán ou de súbdito; sobre a representación, a liberdade e a autoridade; sobre a razón, a racionalidade, e a ciencia, sobre as opinións, as crenzas, as doutrinas relixiosas e o poder político; sobre a retórica e a política, sobre a seducción e a sedición. En tempos como os actuais, de crise, de inseguridade, de medo, de novas formas de violencia e ansiedade respecto do futuro, constátase especialmente a recorrencia de obras imperecedoiras do pensamento como Leviatán. O seu interese non devala, a súa lectura non perde vixencia, polo que a súa publicación en galego vén a ser unha oportunidade magnífica para visitalo e lelo, ou revisitalo e relelo unha vez máis, deixando atrás visións estereotipadas, tópicas, e mergullándonos nos meandros dunha obra impresionante, na que Hobbes desprega toda a súa brillantez intelectual.
EAN
9788416954582
Year of edition
2018
pages
657
Binding
Tapa dura
Idiom
Spanish
Collection
SIN COLECCION
High
300
Width
200
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres