Liquidación de existencias
Caride, Ramón
Galician
Galician

Synopsis Liquidación de existencias

Liquidación de existencias contén historias que aparentan estar collidas das rúas, ou das novas dos xornais. Tan asombrosas, tan aterradoras, tan cómicas e tan absurdas que abalan entre a empatía e o noxo. Talmente como a vida.
O mundo como un inmenso Polígono Outlet no que todo está de saldo. Materias, experiencias, formas, sentimentos, corpos e soños. Se non podemos cambiar o presente, liquidemos o futuro. Así, como cadre. Nada está fóra do mercado. Vivimos nunha exposición permanente. Oxidación continua e renovación de catálogos. Tamén nos seres humanos. Sobre todo neles. A mellor publicidade é boca a boca. Non se fíe da pantalla. As dimensións da vida axústanse, por definición, ao tamaño do respectivo espazo comercial. Todo está de sobra, pero nunca hai abondo. A biodiversidade en regresión e os sucedáneos en alza. Atope as diferenzas. A vida en modo apocalipse selfie. Se non podes facelo, non perdas tempo en contalo.
EAN
9788499149677
Editorial
Year of edition
2016
pages
152
Binding
Tapa blanda o Bolsillo
Idiom
Galician
nº colección
386
Collection
NARRATIVA
High
220
Width
145
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres