Marxes e centros. Para unha socioloxía do campo cultural
Antón Figueroa
Galician

Synopsis Marxes e centros. Para unha socioloxía do campo cultural

MARXES E CENTROS
Para unha socioloxía
do camp o cultural
(Cunha entrevista ao autor:
?autoanálise, o que un vén sendo?)
Edición ao coidado de Alejandro Alonso Nogueira,
Arturo Casas, Manuel Forcadela, Teresa López,
Laurence Malingret e Elias Torres Feijó

Algúns dos dez traballos de Antón Figueroa recollidos neste libro
foron publicados orixinalmente en lugares de acceso non sempre
doado para os interesados na súa lectura ou consulta. O criterio activado
polo equipo editor para a efectuar a selección transcendeu, con
todo, tal singularidade e procurou a representatividade e o interese
específicos dos asuntos abordados desde unha perspectiva actual.
Neste sentido, pode afirmarse que os textos aquí compilados supoñen
unha escolma fidedigna e cabal do pensamento de Antón
Figueroa e do conxunto das súas investigacións. A súa lectura evidencia
a gran coherencia heurística, epistemolóxica e crítica ?no sentido
máis amplo do termo? que arrincaba en 1988 con Diglosia e texto e
alcanza as últimas publicacións do autor. Entre elas, Ideoloxía e autonomía
no campo literario galego (Laiovento, 2010) e ?Le processus
d?autonomisation et l?évolution des fonctions des rapports extérieurs
dans les littératures minoritaires. Le cas galicien? (en A. Boschetti, dir.,
L?Espace culturel transnational, 2010).
Figueroa regresa nos artigos agora compilados sobre cuestións
anticipadas noutros ensaios pero faino sempre con perspectivas anovadoras
que dilatan a especificidade analizada e contrastan a súa
entidade con novas conceptualizacións e novos fundamentos metodolóxicos,
permanentemen te sometidos a revisión e a un principio
de reflexividade. Este último atinxe ante todo ao suxeito que analiza
e describe a realidade social e cultural da que pretende dar conta.
Por isto mesmo resulta de máxima funcionalidade como peche do
volume a entrevista que o equipo editor deste volume mantivo co
profesor en torno a unha autoanálise aplicada sen restricións cronolóxicas
nin de ningunha outra índole.
EAN
9788484872962
Year of edition
2015
pages
222
Binding
Digital: descarga
Idiom
Galician
Collection
ENSAIO
High
300
Width
200
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres