https://www.imosver.com/en/libros/medicos-e-medicina-rural-na-costa-da-morte-a-figura-do-doutor-manuel-perez-marono-00104221310010422131Médicos e medicina rural na Costa da Morte. A figura do doutor Manuel Pérez Maroño19As condicións de traballo eran moi duras. Non había horarios, a atención prestábase as vinte e catro horas do día, os sete días da semana e os trescentos sesenta e cinco días do ano. Apenas había estrhttps://static.serlogal.com/imagenes_small/9788419/978841975425.jpgLibrosLibros/NARRATIVASin stock temporalmenteHERCULES EDICIONES000https://static.serlogal.com/imagenes_small/9788419/978841975425.jpg20512023/11/019788419754257Pérez Astray, BraulioLibrosaño_2023idioma_SpanishCformato_Tapa blanda o Bolsilloautor_Pérez Astray, Brauliosaga_SIN COLECCION
Artículo
Médicos e medicina rural
Pérez Astray Braulio
HERCULES EDICIONES
NARRATIVA
Cookie Notice
We use cookies to ensure you get the best experience on our website.
Read cookie policy.
Gestionar preferencias de cookies
This type of cookie allows the user to browse a website, platform, or application and to use the different options or services that exist on it.
imosverlaravel_session
Description
This cookie is necessary for the website to function and cannot be disabled in our systems.
Duration
Sesión
Dependencies
Domain
imosver.com
OCT8NE
Description
This cookie is used for the proper functioning of the Oct8ne Chat to provide customer support service to the user.
These are those that enable the tracking and analysis of user behavior on our website. The information collected is used to measure user activity on the website and to create user browsing profiles.
_clsk
Description
It records statistical data about the visitor's behavior on the website. This is used for internal analysis by the website operator.
Duration
1 year
Dependencies
_clsk,MUID,_clck
Domain
logglytrackingsession
Description
Identifies and records the user session for analytical purposes.
Duration
Sesión
Dependencies
Domain
.imosver.com
GOOGLE_ANALYTICS
Description
Records a unique identifier that is used to generate statistical data about how the visitor uses the website.
Duration
1 year
Dependencies
Domain
.imosver.com
These are the ones that allow us to adapt the navigation on our website to your preferences (e.g., language, browser used, etc.).
_fbp
Description
Used by Facebook to offer a series of advertising products, such as real-time bids from third-party advertisers.
Synopsis Médicos e medicina rural na Costa da Morte. A figura do doutor Manuel Pérez Maroño
As condicións de traballo eran moi duras. Non había horarios, a atención prestábase as vinte e catro horas do día, os sete días da semana e os trescentos sesenta e cinco días do ano. Apenas había estradas, e para chegar á casa de moitos doentes cumpría ir por corredoiras enlamadas. Casas ás que, en moitas ocasións, aínda non chegara a luz eléctrica. O cabalo, a moto e o utilitario foron marcando no tempo o progreso dos médicos e o desenvolvemento das zonas. Atendían partos, fracturas, enfermidades comúns e todos os problemas de saúde que lles afectasen aos seus pacientes, pois trasladalos á cidade era moi complicado e moitos tampouco dispoñían de recursos económicos para facerlles fronte. Os médicos rurais de entón foron profesionais que exerceron a medicina cunha entrega absoluta, suplindo as carencias técnicas cun enxeño e unha pericia practicamente infinitos. Auténticos heroes silenciosos, como foron chamados, que atendían os seus pacientes cun trato familiar moi humanitario, en ocasións sen cobrarlles, incluso dándolles de comer ou mesmo cartos para comprar as medicinas a aqueles máis necesitados, nunha época de grandes carencias e pobreza. Eran persoas da total confianza dos seus pacientes, auténticos confesores, conselleiros e gardiáns de segredos. Manuel Pérez Maroño foi un deses médicos rurais durante un longo período de máis de corenta anos, que abarca desde mediada a década dos cincuenta ata 1995, en que se produciu a súa xubilación. No desempeño da profesión é recoñecido como «un dos médicos rurais máis activos da Costa da Morte durante a segunda metade do pasado século», cun importante «labor de liderado da clase sanitaria da zona» (La Voz Carballo, 2005). Pero sobre todo segue a ser lembrado como un home de ben, próximo e humilde, de fácil trato, accesible a calquera independentemente da súa procedencia ou condición, con innumerables e apreciados amigos alá por onde foi. Dotado dunha grande intelixencia, fina ironía e simpatía por milleiros, fixo gozar coas súas historias a todos aqueles que as compartían con el. Este libro recolle, a grandes trazos, parte da súa vida e das súas andanzas polos lugares, aldeas e vilas da vella e incomparable Costa da Morte.