Murguía. Un século despois
Rabuñal Corgo, Henrique
Galician

Synopsis Murguía. Un século despois

Home de inmensa cultura, lector infatigábel, enérxico polemista, auténtica enciclopedia galega, Manuel Murguía combinou a militancia galeguista e progresista para ser un dos grandes xornalistas, o historiador da nación galega por excelencia, un conflitivo funcionario, a cabeza visíbel do rexionalismo e o primeiro presidente da Academia Galega. Compartiu con Rosalía de Castro tres décadas intensas, unha familia, moitos proxectos e á memoria e grandeza dela dedicou, cos seus erros e acertos, unha morea de esforzos. Ademais de centos de artigos, escribiu un conxunto de libros que superan as 7000 páxinas. Entre eles os cinco tomos da Historia de Galicia complementados co monumental Galicia, o estudo sobre El foro, o Diccionario de Escritores, El regionalismo gallego, El arte en Santiago durante el siglo XVIII, Diego Gelmírez ou Los trovadores gallegos. Da súa obra de creación merece destacarse En prosa. Sen esquecer a singularidade do seu libriño para as escolas La primera luz e Los Precursores, memoria da súa vida e do seu tempo. Cen anos despois do seu pasamento, Henrique Rabuñal apreixa a súa biografía intelectual para sabermos máis de nós mesmos, para calibrar a valía das súas achegas e dos seus devezos, sempre encamiñados no servizo a Galiza e na defensa dos seus intereses, dignidade e soberanía.
EAN
9788484876090
Year of edition
2023
pages
138
Binding
Tapa blanda o Bolsillo
Idiom
Galician
nº colección
423
Collection
Ensaio
High
210
Width
140
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres