Nais, damas, prostitutas e feirantas
Blanco, Carmen
Galician

Synopsis Nais, damas, prostitutas e feirantas

Nais, damas, prostitutas e feirarntas é o primeiro estudio de conxunto da presencia das mulleres na literatura galega, no que se analizan as imaxes femininas e a incidencia da variable xenérica en diversas creacións literarias, fundamentais na nosa cultura, como son a narrativa de Ramón Otero Pedrayo, Eduardo Blanco Amor ou Alvaro Cunqueiro, e a poesía de Ricardo Carballo Calero, Celso Emilio Ferreiro ou Xosé María Díaz Castro.Nais, damas, prostitutas e feirantas representan os prototipos femininos básicos que aparecen neste conxunto literario, no que, para a ideoloxía establecida, o primeiro par simboliza o centro positivo e o último as ambiguas ou negativas marxes. Mais por enriba de todas sobresae a sombra poderosa das nais, paraíso perdido que todo o envolve e que se identifica con Galicia.Carmen Blanco revela a existencia dunhas estéticas patriarcais e unhas miradas androcéntricas por enriba das cales latexa a multiforme diversidade humana, feminina ou masculina,. acochada máis alá dos patróns xenéricos.
EAN
9788475079103
Publisher
Idiom
Galician
Collection
UNIVERSITARIA
High
300
Width
200
Other readers have rated it
Share your feedback
0 reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters