Narrativa e imaxinario nacional
Regueira, Mario
Galician
Galician

Synopsis Narrativa e imaxinario nacional

A reconstitución do campo cultural galego tras o enorme impacto da Guerra Civil presenta unha serie de circunstancias específicas que sempre a diferenciaron das experiencias doutras realidades nacionais, tanto nos efectos inmediatos da represión franquista como na estratexia de oposición desenvolvida no medio e longo prazo. O estudo que presenta Mario Regueira aborda o período da primeira posguerra desde unha perspectiva nova, capaz de recoller algunhas das achegas máis innovadoras do ámbito dos Estudos Galegos acompañándoas dunha visión de conxunto que non teme problematizar moitos dos aspectos tratados, rachando con certas inercias estruturais da historiografía literaria propia.
Desta forma, a pesar do foco inicial no desenvolvemento da narrativa, a proposta do autor aborda a relación desta con outras producións, sinaladamente as de tipo ideolóxico, abordando a reconstitución dun campo literario galego e o papel normativo que neste proceso tomou a editorial Galaxia. Desde a conquista das institucións até a configuración dun marco ideolóxico, filosófico e historiográfico que predeterminou unha idea concreta do país e da súa literatura, Mario Regueira explora tamén os espazos de sombra que esas estratexias deixaron: as discrepancias co exilio, a ruptura das novas xeracións de autores, a débeda con filosofías de corte esencialista ou o papel de mediación que o proxecto culturalista chega a representar fronte á ditadura e algúns sectores do franquismo como características deste primeiro período da editorial.
EAN
9788491216346
Editorial
Year of edition
2020
pages
352
Binding
Tapa blanda o Bolsillo
Idiom
Galician
Collection
OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - LINGUA E LITERATURA
High
240
Width
170
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres