O derradeiro irmán
Appanah, Nathacha
Galician
Galician

Synopsis O derradeiro irmán

Cando David se lle aparece en soños, Raj prende na memoria da súa infancia: os campos verdísimos da illa tropical onde naceu, o arrecendo e o sabor das froitas e das bágoas, o seu pai e a súa violencia tan previsible, a tenrura da súa nai, os dioivos destrutivos e aquel sol abrasador, os seus irmáns desaparecidos na enchente e a instalación da familia preto da cadea onde vivían uns misteriosos refuxiados. O 26 de decembro de 1940, o Atlantic atraca en Port-Louis, con 1.500 xudeus a bordo, rexeitados de Palestina e deportados á illa Mauricio, entón colonia británica. Daquela Raj non sabía moito sobre o mundo, nin tampouco sobre as traxedias que estaban acontecendo. Tiña dez anos. A curiosidade levouno xogar no bosque da cadea onde traballaba o seu pai e desde alí viu a David no patio da cadea. Sabía que deberían ser amigos. Unha novela conmovedora, que posúe a sonoridade dunha canción triste, onde cada frase pode chegar a emocionar. Unha novela aclamada polos lectores en Francia, onde obtivo os premios de novela FNAC 2007, o dos lectores de LÆExpress 2008 e o Cultura e Bibliotecas para Todos 2008.
EAN
9788497828796
Publisher
Edition year
2009
Pages
192
Binding
Soft cover or pocket
Language
Galician
Collection
FORA DE XOGO
Height
211
Width
131
Reviews from other readers
Write your review
0 Reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters