• Libros
  • O diccionario enciclopédico de Eladio Rodríguez
O diccionario enciclopédico de Eladio Rodríguez
González-Millán, X.
Galician

Synopsis O diccionario enciclopédico de Eladio Rodríguez

O punto de partida deste estudio é que todo diccionario, sobre todo o de autoridades, é un marco privilexiado da producción cultural dunha sociedade nun momento determinado da súa historia. O libro estructúrase en dúas partes. Na primeira aventúranse algunhas hipóteses de traballo sobre as condicións socioculturais do discurso lexicográfico. Insístese, sobre todo, naquelas variables que definen o diccionario como un instrumento privilexiado nos complexos procesos de configuración e institucionalización dunha identidade nacional, destacando como a historia da lexicografía moderna corre parella coa fundamentación e a crecente institucionalización da dimensión nacional de determinadas culturas. A segunda parte, centrada no Diccionario de Eladio Rodríguez González, documenta o repertorio de títulos e autores representados nas súas múltiples citas literarias e analiza os presupostos e criterios utilizados na selección dos fragmentos escolmados para indagar os modos de intervención das citas de autoridade e as súas diferentes funcións, sobre todo a súa participación na canonización de autores e textos e da literatura por eles representada.
EAN
9788483026090
Editorial
Idiom
Galician
Collection
UNIVERSITARIA
High
300
Width
200
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres