https://www.imosver.com/en/libros/pequena-mitoloxia-de-galicia-31099801193109980119Pequena mitoloxía de Galicia29.21Este libro trata dos habitantes imaxinarios de Galicia, os habitantes dun mundo máxico, que non é distinto do real, ou que polo menos non está moi lonxe deste, e pode entreverse algunhas mañás, entre https://static.serlogal.com/imagenes_small/9788483/978848302705.jpgLibrosLibros/GEOGRAFIASin stock temporalmenteXERAIS000https://static.serlogal.com/imagenes_small/9788483/978848302705.jpg31003600093100360010310036000730.7551.542001/12/279788483027059Miranda, Xosé;Reigosa, Antonio;Cuba, Xoán R.Librosaño_2001idioma_GalicianGautor_Miranda, Xosé;Reigosa, Antonio;Cuba, Xoán R.saga_SIN COLECCION
Artículo
Pequena mitoloxía de Gali
Miranda Xosé;Reigosa Anto
XERAIS
GEOGRAFIA
Cookie Notice
We use cookies to ensure you get the best experience on our website.
Read cookie policy.
Gestionar preferencias de cookies
This type of cookie allows the user to browse a website, platform, or application and to use the different options or services that exist on it.
imosverlaravel_session
Description
This cookie is necessary for the website to function and cannot be disabled in our systems.
Duration
Sesión
Dependencies
Domain
imosver.com
OCT8NE
Description
This cookie is used for the proper functioning of the Oct8ne Chat to provide customer support service to the user.
These are those that enable the tracking and analysis of user behavior on our website. The information collected is used to measure user activity on the website and to create user browsing profiles.
_clsk
Description
It records statistical data about the visitor's behavior on the website. This is used for internal analysis by the website operator.
Duration
1 year
Dependencies
_clsk,MUID,_clck
Domain
logglytrackingsession
Description
Identifies and records the user session for analytical purposes.
Duration
Sesión
Dependencies
Domain
.imosver.com
GOOGLE_ANALYTICS
Description
Records a unique identifier that is used to generate statistical data about how the visitor uses the website.
Duration
1 year
Dependencies
Domain
.imosver.com
These are the ones that allow us to adapt the navigation on our website to your preferences (e.g., language, browser used, etc.).
_fbp
Description
Used by Facebook to offer a series of advertising products, such as real-time bids from third-party advertisers.
Este libro trata dos habitantes imaxinarios de Galicia, os habitantes dun mundo máxico, que non é distinto do real, ou que polo menos non está moi lonxe deste, e pode entreverse algunhas mañás, entre os raios de sol que perforan a néboa; un mundo encantado que se sitúa no afastado horizonte, alí onde apousa o arco da vella os seus beizos e bebe as augas dos ríos, cando chove e vai sol e o demo vai para o Ferrol cargadiño de alfinetes; que se insinúa na espesura dunha fraga, entre vellos carballos, á sombra dos que durmiña un xastre coxo e nugallán, que en sete parroquias non cose para ninguén e non dá tres pases e vano levar os demos; ou nas noites de San Xoán, á escasa luz das fogueiras, cando saltamos o lume novo e imos recoller o sabugueiro...Os autores deste volume, o mesmo equipo que publicara o Diccionario dos seres míticos galegos, diríxense agora ao público infantil e xuvenil co obxectivo de que os rapaces e rapazas aprendan a tratar cos mouros, cos ananos, con esoutra xente cativa que habita nos castros, nos pazos soterrados, que voen coas meigas por riba das silveiras e por baixo das carballeiras.Xoán Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda volven a facer o esforzo de presentar o saber tradicional do pobo, os ósos dos defuntos (a quen hai que escoitar con grande atención), que agardan polos nosos, os cantos dos paxaros, as antigas receitas e os compoñentes novos, o fiúncho e a menta, a ruda e a herba de namorar, que só medra nos confíns occidentais do mundo, onda nós. Esta Pequena Mitoloxía de Galicia, libro singular, mesmo no seu formato e encadernación en cartoné, foi ilustrado por catro dos nosos mellores ilustradores Irene Fra, Fino Lorenzo, Enjamio e Teresa Novoa. Catro miradas diferentes, catro estilos para desenvolver un mesmo proxecto: o de devolvernos o rostro descoñecido de trasnos, diaños, tardos e outros seres da mitoloxía galega.