Tres en raia
Martínez Oca, Xosé Manuel
Galician

Synopsis Tres en raia

'Tres en raia' é a metáfora que tres mozos ourensáns utilizan para selar unha amizade que se propoñen perpetuar no futuro. A enfermidade de Guillerme propicia, despois de décadas de separación, o reencontro con Antonio e Gabriel e o punto de partida para coñecermos a historia da súa amizade nun Ourense, convertido aos nosos ollos, máis que nun mero espazo físico onde dan os seus primeiros pasos iniciáticos para a vida adulta, nun auténtico personaxe que evoluciona e se deteriora (coma eles), até o momento da súa separación definitiva a raíz do falecemento inesperado en Compostela de María, auténtico punto de unión (o taboleiro do xogo) dos tres amigos. É o relato dun tempo feliz en Ourense, de aprendizaxe á vida, de lecturas en común que permanecen no seu recordo e que co tempo se relacionan cos seus particulares devires existenciais. Tamén un relato dunha evolución vital na que a insatisfacción, marcada por unha culpa que, como un crime, non chegan a esquecer nin a resolver, vai ser o resultado das súas particulares condenas.
EAN
9788499953854
Publisher
Year of edition
2022
pages
266
Binding
Soft cover or pocket
Idiom
Galician
Collection no.
43
Collection
Baía Narrativa
High
210
Width
140
Other readers have rated it
Share your feedback
0 reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters