Valentino Rufini e Àkil Pillabán, de viaxe a Milán
Salgueiro, Roberto
Galician

Synopsis Valentino Rufini e Àkil Pillabán, de viaxe a Milán

Esta comedieta farsesca dirixida ao público infantil, como a define o seu autor, transcorre en Venecia (Italia) nunha fría noite do século XVIII. Valentino Rufini, de regreso á súa casa en Milán, é abandonado polo seu criado, que marcha con todos os seus cartos. Só e cargando co seu baúl de viaxe, decide pasar a noite nunha casa en ruínas no camiño por onde pasará a carruaxe que vai cara a Milán. No mesmo lugar aparece coa idéntica intención Âkil Pillabán, a quen a súa ama deixara composto, sen cartos e cun baúl cheo de traxes de señora ostentosa vida a menos. Ambos se coñecerán e compartirán a noite, e, con ela, desexos, sospeitas e medos mutuos, mentres agardan a que chegue o día e continuar as súas viaxes, pero...

Cartel Valentino Rufini Valentino Rufini e Âkil Pillabán, de viaxe a Milán (e van sen un can) foi estreada pola compañía galega Talía Teatro no Teatro Principal de Santiago de Compostela o 4 de decembro de 2008, permanecendo en xira na actualidade. Na súa montaxe interveu o seguinte equipo artístico e técnico.

Reparto

Valentino Rufini. Diego Rey.
Âkil Pillabán. Dani Trillo Ficha artística.
Deseño de escenografía, vestiario e iluminación. Roberto Salgueiro.
Realización escenografía e atrezzo. Rodrigo Roel.
Realización vestiario. Clotilde Vaello.
Efectos sonoros. Toni Salgado.
Asistente de dirección. Marta Ríos.
Dirección. Roberto Salgueiro.
EAN
9788492630196
Editorial
Year of edition
2009
pages
61
Binding
No definido
Idiom
Galician
Collection
MEIGA MOIRA
High
300
Width
200
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres