Synopsis Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo
Versos antifascistas, versos contra a corrupción, o capitalismo e a monarquía, versos sobre lingua e literatura, versos de amizade e agradecemento, versos de homenaxe a republicanos exemplares, loas ao viño, á música e á rexouba, cántigas e cantigas... Todo isto e moito máis atoparemos nesta agardada compilación dos poemas de Xesús Alonso Montero, fistor letrado que, cando o ve necesario, utiliza con mestría o «alferrón cuestionador».