Nunca tiven nin auto, nin moto. O máximo que cheguei a
guiar foi unha bicicleta escangallada, e total para que ó segundo día de estacionala na cidade, uns mangantes me cortaran
os freos. Tampouco nunca souben aprezar a suposta beleza de
catro latas brillantes afumando ós sufridos peóns.
Emporiso teño unha chalana pintada pola man do meu avó
de branco e vermello; cando era cativa vogueina a carón de
papá e de padriño. Lembro con estrañeza a lixeireza do remo,
en aparencia pesado de máis para os meus brazos de nena.
A min respondíame amorosamente, deslizábase entre as ondas
como unha culler revirando o leite. A vida das chalanas, de
case todo animal, é máis curta cá dos humanos e a isa disparidade nunca nos damos afeito. Agora agarda varada no baixo
da casa, morta coido que non está, pero casi. Eu négome ó
despece, soméllame que se iría un ser máis da familia.
As dúas temos o mesmo nome e cando me preguntan quen
son, nunha íntima brincadeira ante tanta pedantería, eu só fico
segura de chamarme como a nosa chalana; intúo que esa particular circunstancia garda a cerna remota da miña identidade.
Os seus chicotes son o cordón umbilical que me mantén firme e
unida á terra, á orixe, ós ancestros; algún día levarame de volta. Os solitarios, bebedores e vagabundos de ?Fin de Festa? forman
parte desa mesma identidade, unha intelección do mundo
tolerante, solidaria, non desde a condescendencia senón desde
o asombro, admirada do afán por sobrevivir con dignidade.
Móveme o amor a algo inaprensíbel, o que non me impide a
denuncia ante a inxustiza e o abuso dos de sempre. Por iso,
sobre o canto ós ?saudosos? protagonistas do libro, paira tamén
o mundo das drogas, representado por Susi Arnela, unha rapaza
que podería ser calquera, cos narcos facendo millóns a conta
dos máis inxenuos, coa agravante de que as súas vítimas adoito
son xente nova e por tanto inexperta. Na miña terra levou
a varias xeracións por diante, transformou en zombis como os
que Susana soñaba premonitoriamente, o que debera ser unha
xuventude vigorosa, protestataria, ávida de vida.?
Diana Varela
-5%
Avant:10,60 €
Après:10,07 €
TVA incluse

Fin de festa c'est un livre du genre RÉCIT de ROMAN de l'auteur Varela Puñal, Diana édité par LAIOVENTO (IBD) dans l'année 2017.
Fin de festa a un code ISBN 978-84-8487-358-7 et se compose de 88 pages. Dans ce cas c'est le format papier, mais nous n'avons pas Fin de festa au format ebook.
14,96 € 14,21 €
13,00 € 12,35 €
10,00 € 9,50 €
8,00 € 7,60 €
10,60 € 10,07 €
44,90 € 42,66 €
9,95 € 9,45 €
14,00 € 13,30 €
16,00 € 15,20 €
23,80 € 22,61 €
15,80 € 15,01 €
Recevez des offres, des nouvelles et bien plus encore dans votre e-mail
Responsable du traitement : Serlogal 2.0 S.L. ; Contact : protecciondatos@serlogal.com
Destinataires : Les transferts de données à des sociétés extérieures à notre groupe ne sont pas prévus.
Droits : Accès, Rectification, Limitation, Opposition et Portabilité.
Des informations détaillées peuvent être consultées dans notre Politique de confidentialité....