https://www.imosver.com/fr/libros-texto/economia-da-empresa-2obacharelato-00100156390010015639Economia da empresa 2ºbacharelato32.3A empresa é o centro da actividade económica nunha economía de mercado. Entender e coñecer como é e como funciona permitiranos comprender un pouco mellor os problemas económicos cos que se enfronta cahttps://static.imosver.com/imagenes_small/9788499/978849995053.jpgLibros textoLibros texto/LIBRO DE TEXTOSin stock temporalmenteBAIA000https://static.imosver.com/imagenes_small/9788499/978849995053.jpg3451.72013/04/019788499950532Prieto-puga Fariña, RafaelLibros Textoaño_2013idioma_GalicienGautor_Prieto-puga Fariña, Rafaelsaga_2ºBACHARELATO
Artículo
Economia da empresa 2ºbac
Prieto-puga Fariña Rafael
BAIA
LIBRO DE TEXTO
Avis sur les Cookies
Nous utilisons des cookies pour vous garantir la meilleure expérience sur notre site.
Lire la politique des cookies.
Gérer les préférences de cookies
Ce type de cookies permet à l'utilisateur de naviguer sur un site web, une plateforme ou une application et d'utiliser les différentes options ou services qui y existent.
imosverlaravel_session
Description
Ce cookie est nécessaire au fonctionnement du site web et ne peut pas être désactivé dans nos systèmes.
Durée
Session
Dépendances
Domaine
imosver.com
OCT8NE
Description
Ce cookie est utilisé pour le bon fonctionnement du Chat Oct8ne afin de fournir le service d'assistance à la clientèle à l'utilisateur.
Ce sont celles qui permettent le suivi et l'analyse du comportement des utilisateurs sur notre site. Les informations collectées sont utilisées pour mesurer l'activité des utilisateurs sur le site web et pour élaborer des profils de navigation des utilisateurs.
_clsk
Description
Il enregistre des données statistiques sur le comportement des visiteurs sur le site web. Ceci est utilisé pour des analyses internes par l'opérateur du site.
Durée
1 année
Dépendances
_clsk,MUID,_clck
Domaine
logglytrackingsession
Description
Identifie et enregistre la session de l'utilisateur à des fins analytiques.
Durée
Session
Dépendances
Domaine
.imosver.com
GOOGLE_ANALYTICS
Description
Enregistre un identifiant unique qui est utilisé pour générer des données statistiques sur la façon dont le visiteur utilise le site web.
Durée
1 année
Dépendances
Domaine
.imosver.com
Ce sont celles qui nous permettent d'adapter la navigation sur notre site web à vos préférences (ex. : langue, navigateur utilisé, etc.).
_fbp
Description
Utilisé par Facebook pour proposer une série de produits publicitaires, tels que des offres en temps réel de publicitaires tiers.
A empresa é o centro da actividade económica nunha economía de mercado. Entender e coñecer como é e como funciona permitiranos comprender un pouco mellor os problemas económicos cos que se enfronta calquera sociedade. A materia de Economía da Empresa, tendo en conta isto, pretende dar a coñecer o que é e como funciona unha empresa no contexto político e social en que desenvolve a súa actividade. A empresa é, en definitiva, unha organización formada por persoas cuns valores, actitudes, obxectivos etc. que teñen que ver co mundo en que están inmersas. Por esta razón, calquera cambio que se produza na sociedade repercutirá tamén neste complexo organismo tanto no ámbito organizativo como produtivo. Se consideramos que, en xeral, a educación sempre debe ser unha prioridade para os gobernantes, o estudo do funcionamento do sistema económico e da empresa debería ser materia obrigada no sistema educativo, dada a súa importancia como elemento de formación e preparacións para a vida activa das alumnas e dos alumnos, dado que o crecemento económico dun país virá dado, entre outras moitas cousas, polo nivel de formación da súa poboación, e saber como funciona o sector produtivo das empresas ou como se organiza a información económica e financeira é fundamental para levar a cabo labores emprendedores; un camino sempre aberto para poñer en marcha as inquedanzas laborais e promover proxectos de iniciativa empresarial. E Economía da Empresa analiza a empresa como axente económico fundamental na sociedade, e o seu estudo debe permitir acadar un coñecemento sinxelo pero preciso, tanto desde a súa dimensión externa como desde o funcionamento das súas áreas de actividade, xa sexa á hora de prover de bens e proporcionar os servizos que a sociedade necesita, xa sexa creando emprego e xerando ingresos para a propia sociedade e o Estado. O obxectivo do seu estudo é tratar de alcanzar un coñecemento sobre o que é e como actúa unha empresa no seu contexto, analizando as súas características e funcionamento global. Deberá ser un traballo á altura do alumnado que o cursa, fuxindo de grandes consideracións que estarían fóra do seu alcance, pero sen por isto deixar de aspirar a que o alumnado, ao final do período, saiba identificar, diferenciar e, en concreto, falar de aspectos da empresa como os referidos á organización, produción, fiscalidade, lexislación etc. Con certa propiedade. A simplificación que nun texto destas características é necesaria realizar para facer o estudo máis accesible ao alumnado, non pretende, no entanto, ir contra a necesidade de sermos esixentes e rigorosos nas exposicións dos temas correspondentes. O Boletín Oficial do Estado do 6 de novembro de 207 establece os contidos mínimos do bacharelato e, en concreto, os referidos á Economía da Empresa. O seu currículo específico para Galicia está recollido no Diario Oficial de Galicia do 23 de xuño de 2008, e en función del planifícase o desenvolvemento da materia. A pretensión deste texto é servir como material de apoio ao alumnado que se inicia no estudo do mundo da empresa. A existencia dunha proba final ao ciclo de estudos fai que se teña en conta os criterios de avaliación que se utilizan para superala. O texto para tal fin presenta as cuestións e exercicios de selectividade propostos nas anteriores convocatorias, organizados e introducidos nos temas correspondentes. A estrutura do texto baséase nunha organización que toma bloques temáticos como elemento de compartimentación nos que teñen cabida aqueles tema que son homoxéneos, e dentro deles cada unidade didáctica será o núcleo. Cada tema presenta no seu inicio un esquema conceptual que nos permitirá ter unha idea global dos aspectos e límites a tratar, e remata cunhas denominadas ideas clave que procuran dar unha idea moi sintética do estudado. Como complemento en cada unidade proponse un variado número de actividades de tipo comprensivo, dedutivo ou de aplicación práctica que a modo de autoavaliación servirá para centrar e repasar o tratado, así mesmo nesta nova edición preséntanse as cuestión e exercicios dos exames de selectividade desde 2001. Despois de catro edicións desta proposta didáctica e pedagóxica da materia, xa sexa coa denominación Economía e Organización de Empresa como coa actual de Economía de Empresa, o manual non sufriu grandes cambios con respecto da idea orixinal, agás as esixidas polas adaptacións curriculares e as modificacións legais introducidas nos últimos anos no ámbito empresarial, laboral e social, no entanto houbo as suficientes suxestións e críticas que sobre determinados aspectos base da proposta como autor recibín e que, con espírito positivo, puxen en aplicación nesta ocasión para entregar un texto que una a experiencia desde distintas perspectivas co obxectivo de facilitarmos unha maior comprensión da materia por parte do alumnado deste nivel educativo. A todas e todos agradézolles sinceramente esta colaboración para mellorar o manual e para reflexionar como docente sobre aspectos temáticos tratados cunha visión moi particular.