A batalla de Montevideo
Alonso Montero, Xesús
Galicien
Galicien

Synopsis A batalla de Montevideo

Na vella pugna entre defensores e detractores (ou perseguidores) do galego como lingua funcional culta, a Batalla de Montevideo é o capítulo máis rico, máis interesante e máis aleccionador. Librada no marco da VIIIª Conferencia Xeral da UNESCO (1954), celebrada na capital uruguaia datas, foi promovida polos grupos galeguistas do exilio interior (con Ramón Piñeiro como ideólogo e estratega) e os do exilio exterior (co compromiso e entusiasmo, en Buenos Aires, de Rodolfo Prada), a raíz da presentación dunha Denuncia en tres idiomas (galego, francés, inglés), na que poñían en coñecemento das delegacións de case cen países qué actividades culturais en lingua galega eran prohibidas daquela, recibida con desconcerto abraiado por Manuel Fraga Iribarne, daquela secretario da delgación española. O presente volume ofrece en facsímile a Denuncia trilingüe (unha alfaia da bibliografía galega) e outros textos, ademais de reproducir páxinas sobre a cuestión hoxe moi pouco coñecidas; un corpus textual e documental esencial e indispensable para coñece-la conflictividade política e cultural que suscitaba o idioma galego, nun tempo de miseria -hai cincuenta anos- que urxía examinar e valorar.
EAN
9788497820363
Éditeur
Année d'édition
2003
pages
232
Obligatoire
Couverture souple ou poche
langage
Galicien
Collection
CRONICA
Haute
220
Largeur
145
D'autres lecteurs l'ont noté
Laisse-nous ton avis
0 avis
Ta note
Laisse-nous ton avis
/ caractères